★ O NOSO TRABALLO

Biodiversidade e Territorio

As cidades e o rural son espazos craves para adaptarnos á crise climática e defender o dereito á natureza.

As altas temperaturas provocan máis de 4.600 mortes ao ano só en España. Neste sentido, as cidades son un espazo crave de actuación. Aínda que só ocupan o 2% da superficie terrestre, aglutinan a máis da metade da poboación e son responsables do 70% das emisións de gases de efecto invernadoiro.

A renaturalización das cidades é unha das medidas que pode favorecer tanto a adaptación como a mitigación do cambio climático. As zonas verdes urbanas permiten a redución a escala local das temperaturas, ademais de xerar espazos de encontro e lecer e mellorar a saúde das persoas, tanto física como mental.

No ámbito rural colaboramos con Comunidades de Montes que levan a cabo iniciativas de recuperación do bosque autóctono e posta en valor do uso multifuncional do monte galego. Eliminación de especies invasoras como o eucalipto e a acacia, plantación de frondosas e roteiros interpretativos son algunhas das accións que apoiamos.

É imperativo reducir o consumo de recursos naturais que exercen presión sobre os territorios, reclamar que temos dereito á natureza, restaurar os ecosistemas a gran escala e denunciar falsas solucións como compensacións de carbono ou certificacións de conveniencia. Por iso:

  • [REVISAR: texto cortado na captura] comunidades locais e pobos indíxenas o seu uso e protección. Respectamos as prácticas culturais tradicionais e sostibles así como todo o coñecemento que comunidades locais e pobos indíxenas desenvolveron a través de centenas de anos. Así mesmo, denunciamos que a natureza é insubstituíble, e os danos nun lugar non poden ser compensados noutro.
  • Tratamos a conservación e restauración desde un enfoque ecosistémico. O debate sobre a perda da biodiversidade baseouse na conservación de especies concretas, icónicas, separándoas das persoas e a sociedade, o que salvo en contadas ocasións, implicou accións pouco eficaces. Necesitamos integrar [REVISAR: texto cortado na captura] ao ser humano na natureza, porque somos parte dela, e vela como un conxunto de especies, relacións e procesos.
  • Esiximos un Plan de Transición Xusta baseado na creación de empregos públicos que permita afrontar coa urxencia necesaria a perda de biodiversidade, e que sirva á súa vez para apoiar o peche paulatino das actividades económicas daniñas contra a vida.
  • Traballamos para que se respecte o dereito á natureza, tanto no medio rural como nas cidades, onde reclamamos unha renaturalización urxente destas, con medidas sociais para evitar que xere desigualdades.

OUTRAS ÁREAS

Cooperación

Desde 2004 traballamos no Golfo de Fonseca, en Centroamérica, e en Galiza impulsamos a educación para a transformación social.

VER ÁREA →

A TERRA NON SE DEFENDE SOA.