Cambio climático e débeda climática
No noso país e no resto dos países industrializados tan só vivimos un 20% da poboación mundial, con todo, somos os principais responsables do cambio climático; practicamente emitimos un 75% dos gases de efecto invernadoiro (GEI) totais á atmosfera.
A ciencia foi moi clara: se dende agora ata finais de século permitimos que a temperatura media da Terra (14ºC) aumente máis dun grao e medio, practicamente todos os sistemas ecolóxicos veranse comprometidos.
O quecemento afectará principalmente os países máis empobrecidos e con menos responsabilidade histórica, pero os países industrializados tamén sufrirán os impactos. Sen ir máis lonxe, en España xa estamos a experimentar unha perda masiva de biodiversidade e de litoral mariño, ademais de desertificación, incendios e aumento na intensidade e na frecuencia das ondas de calor e de frío. Necesitamos actuar xa.
Un modelo enerxético sucio en mans de grandes empresas
A estas alturas, todo o mundo sabe que a factura da luz cústanos o dobre que hai 10 anos. Isto débese a un sistema centralizado, inxusto, obsoleto e ineficiente que se atopa en mans dunhas poucas empresas.
As malas políticas do Goberno, a ausencia de mecanismos para facilitar a participación da cidadanía nas decisións que afectan os nosos mix enerxético, así como a falta de campañas de sensibilización que melloren a percepción da xente cara ás renovables, foron as principais trabas que detiveron o desenvolvemento da enerxía comunitaria en España durante os últimos anos.
A día de hoxe, países con menos radiación solar de media, como Alemaña, xa instalaron estruturas co triplo de capacidade para xerar enerxías renovables que nós.
O que propoñemos
Soberanía enerxética global e local: é unha alternativa viable, grazas ás distintas tecnoloxías dispoñibles e ao aproveitamento de recursos naturais limpos e infinitos, como o sol, a auga ou o vento. A soberanía enerxética supón o recoñecemento por dereito de que as comunidades —ou os países— poidan decidir sobre que modelo enerxético queren, segundo os seus recursos e necesidades.
Renovables en mans da xente, podemos tomar como exemplo os casos de Dinamarca ou Alemaña, onde Cooperativas e Comunidades lograron aproveitar o seu potencial e transformar o seu sistema enerxético. [REVISAR: texto cortado na captura]
Son iniciativas como, por exemplo, paneis solares no teito dunha escola local, un pequeno parque eólico nun outeiro preto dun municipio, ou o illamento financiado de forma colectiva para un edificio enteiro de vivendas. As comunidades rapidamente danse conta dos beneficios: desde facturas de luz máis baratas e a redución de emisións dos gases causantes do cambio climático, ata un sentimento colectivo de orgullo por conseguir en conxunto pequenos logros.
Xustiza climática, porque é indispensable que asumamos as nosas responsabilidades históricas fronte ao cambio climático e actuemos de inmediato para evitar a continua violación sistemática dos dereitos humanos en poboacións empobrecidas. Só lograremos Xustiza Climática cando recoñezamos o valor intrínseco da diversidade cultural e natural, cando fomentemos a convivencia, a cordialidade e a cooperación solidaria, nosa parte de responsabilidade e cando apostemos por solucións xenuínas e de interese público para afrontar o cambio climático e a escaseza de recursos naturais.
En Amigas da Terra facémonos eco das voces destas comunidades, e reclamamos a través de diferentes peticións, accións e recomendacións, a posta en marcha dun mecanismo solidario que aborde a débeda histórica que o Norte ten co Sur Global.