Aumentar a nosa base social permítenos unha maior independencia e estabilidade para poder chegar a máis xente, realizar máis actividades e destinar fondos a proxectos propios nos nosos territorios. En definitiva, axúdanos a estar máis presentes e defender de forma máis efectiva a xustiza eco-social.
Ao facerte socia poderás participar nas diferentes campañas de presión e sensibilización, ter oportunidades de formación nosa e da nosa rede internacional, recibir gratuitamente información das nosas actividades e terás voz e voto para decidir o futuro da túa asociación.
Escolle a túa cota
- Normal · 40 €/ano
- Reducida · 20 €/ano para menores de 20 anos, persoas desempregadas e xubiladas
- Benfeitora · establece a túa propia cantidade, cun mínimo de 40 €/ano
E recorda que se fas a declaración da renda podes desgravar un 80%. Deste xeito, cada pequena contribución terá un grande impacto.
Ver máis: PDF Desgravación Facenda