★ PARTICIPA · VOLUNTARIADO

Voluntariado e Activismo

Actuamos no local para cambiar as realidades de inxustiza a nivel global. Súmate como e cando poidas.

As persoas activistas somos axentes de transformación e cambio, expresión de participación cidadá e espazo natural de promoción dunha cidadanía diversa, interseccional e con espírito crítico. Dende o activismo contribuímos á transformación da sociedade, actuando no local para cambiar as realidades de inxustiza a nivel global co fin de conseguir un mundo máis xusto, acolledor, sostible, igualitario e inclusivo.

Entendemos que o activismo non é un elemento de distracción ou entretemento, que non é un fin senón un medio, unha verdadeira ferramenta que temos as organizacións da sociedade civil organizada para transformar a sociedade.

En Amigas da Terra acollemos igualmente a persoas que participan de maneira permanente, colaborando cunha área específica, puntualmente ou a diario, a distancia ou de forma presencial. Depende de ti e as túas circunstancias.

A que esperas? Apúntate!

★ APÚNTATE

ÚNETE Á REDE.

Cóntanos un pouco de ti e de como che gustaría participar. Contestamos sempre.

★ Sobre ti
★ Como queres participar