Sáb. 25 abril
troco + reparación

Feira de troco e reparación en Monforte

O 25 de abril en Monforte de Lemos convidámoste a un evento de troco, reparación e artesanía local — con música en vivo.

TROCO DE ROUPA

Trae un máximo de 10 prendas para facilitar a xestión. Coloca a túa roupa nos espazos habilitados e colle a que necesites.

REPARACIÓN

Electrodomésticos, roupa, bicicletas e obxectos varios. Terás unha profesional que che pode axudar. Se xa tes pezas de reposto, mellor.

ARTESANÍA LOCAL

Mermeladas, xabóns, bisutería e moito máis para apoiar ó comercio local.

CANDO?

Sábado 25 de abril · 16 a 19h

ONDE?

R/ Doutor López Suárez 16 · Monforte

ORGANIZAN

Amigas da Terra + Espazo Habitada